De orixe antigo e incerto (algúns autores datan a súa fundación no século X, namentres que outros a retrasan ata o XII), o Mosteiro de San Paio de Abeleda é un interesante conxunto románico da Ribeira Sacra que se atopa nun comprometido estado de conservación, nun completo abandono que fai que sexa o caso máis grave de toda Galicia no que a construcións románicas refírese.

A fundación do mosteiro foi probablemente familiar, e incluso dúplice (de homes e mulleres). Mantívose independente das grandes ordes monásticas dos arredores, ata que os Condes de Lemos fixéronse os seus donos no século XVI. Deste xeito, co tempo o mosteiro foise tornando nunha abadía subxugada ao poder da nobreza, e o abade era como un pequeno bispo que ostentaba o título de "Señor do couto de San Paio". O couto eran as terras que rodeaban á abadía, que era a súa dona e aforaballas ós campesiños a cambio dunha boa parte da produción que eles obtiñan do seu traballo. Nel atopábase a casa grande na que vivía a familia do abade: o Pazo do Couto

No século XIX, trala Desamortización de Mendizábal, os Duques de Alba apropiáronse de todos os seus bens: abandonáronse as dependencias monacais, e a abadía quedou convertida nunha simple parroquia. Finalmente, a despoboación propiciou o peche ao culto da igrexa en 1972.

A igrexa, dunha sola nave, atópase en mellor estado que o mosteiro. Presenta unha mestura de estilos debido ás reformas sufridas ó longo do tempo, nos que destaca o románico da portada. Dentro, os seus tres corpos atópanse separados por arcos de medio punto con decoración de taqueado xaqués ou axedrezado, propio do románico, e columnas con capiteis adornados con motivos policromados vexetais e quimeras.

Do antigo mosteiro só se conservan os muros das súas dependencias, e unha porta do século XIV e estilo gótico fronte á fachada da igrexa. Nesta porta, obra notable, atópanse as figuras de San Pedro e San Pablo cos seus respectivos símbolos (a chave e a espada), e sobre eles un arco oxival apuntado e decorado con motivos vexetais. No tímpano alzase la imaxe de Cristo coas mans alzadas.




Un escrito de Arturo Vázquez Nuñez (1852-1907), un polígrafo y bibliófilo ourensano, especialista en historia y arqueología, publicado no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, en outubro de 1901, falta así de Mosteiro de San Paio:

"El lugar de San Payo de Abeleda está situado a dos kilómetros y medio de Caslro Caldelas, á cuyo ayuntamiento pertenece. Hubo allí primitivamente un monasterio del que se conservan algu­nas noticias en varios documentos existentes en  el  archivo parroquial. . Extinguido el monasterio, convirtióse en abadía y sus rentas se calculaban en 50.000 reales anuales.  El abad, de presentación de las casas de Lemos y Camarasa, ejercía jurisdicción señorial en el coto de San Paio y nombraba jueces en él.
En el año 1250 otorgó testamento el caballero D. Pedro Veláz­quez, en el que dispuso se le diese sepultura en el monasterio de Abeleda, al que dejó un lugar junto al Burgo de Caldelas.

En el siglo XVI fué párroco de San Paio de Abeleda el funda­dor del Colegio de Jesuitas de Monforte, D. Rodrigo de Castro, de la casa de Lemos, elevado más tarde á las dignidades de obispo de Zamora y Cuenca, arzobispo de Sevilla y cardenal de la Iglesia Romana.

La iglesia parroquial de Abeleda ha sido casi totalmente reedi­ficada, quedando sólo del antiguo edificio una característica porta­da cuya construcción debe atribuirse á principios del siglo XIII y en la que al arco ojival se asocian detalles marcadamente romá­nicos, constituyendo el todo un buen ejemplar del estilo de tran­sición.

Constituyen la archivolta tres baquetones, rodeados exterior­mente por amplia faja decorada con elegantes cuadrifolias. Ocupa el centro del arco un tímpano aparejado en silares y en el medio una escultura representando á Cristo, sentado  en  elevado sitial, con las manos abiertas en actitud de  mostrar los estigmas, ceñida la cabeza con una corona real, dejando ver detrás el nimbo crucí­fero. Las dos columnas en que descansa el arco están ornamenta­das, la una con tres cabezas humanas, y la otra con entrelazados de sabor bizantino. A ambos lados de la puerta y bajo doseles hay dos estatuas de San Pedro y San Pablo, ostentando sus habituales atributos, con nimbo liso y los pies desnudos.

De los lugares citados en el privilegio transcrito al demarcar el coto de San Pelaio, sólo conocemos hoy el de  Boazo, feligresía del ayuntamiento de la Teijeira; y el de Miranda, perteneciente á la parroquia de Forcas, ayuntamiento de Parada del Sil.

Del antiguo tesoro de la· Abadía, rica en ornamentos y vasos sagrados, queda hoy un magnífico cáliz de plata del siglo XV, con una inscripción en gallego en el pie, y una preciosa arqueta también de plata.                                                                          
Otra arqueta de cobre esmaltado, con figuras representando el martirio de San Esteban, fué encontrada hace algunos años, á poca distancia de la iglesia,  al  abrir  una  trinchera  en  la  carretera en construcción de Castro Caldelas á Monforte.  Este  hermoso  relicario es hoy  propiedad del Vocal de la  Comisión de Monumentos D. Marcelo Macías.

Son también muy frecuentes  por  aquel  país los hallazgos de monedas romanas".






























Vídeo do proxecto de rehabilitación e remodelación do Mosteiro de San Paio de Abeleda





Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.