Coma noutras moitísimas veces saín sen rumbo nin ningún tipo de destino. Deixeime levar e nesta ocasión acabe na Chaira, un lugar do municipio de Pantón, na provincia de Lugo, en plena Ribeira Sacra.

É leste un lugar que Iberdrola construíu entre os anos 1945 e 1956. Alí a empres levantou doce edificios de diferentes tamaños e até unha igrexa, un conxunto de vivendas e oficinas deseñado para ser ocupados polo persoal máis cualificado que traballou na construción da presa de Santo Estebo de Ribas de Sil.

Acabei alí pois, cando circulaba pola estrada que vai pola beira esquerda do rio Sil e que tomara e os Peares, vin no alto, majestuosa e máxica a silueta da capela. A curiosidade levoume a consultar o móbil, primeiro, e a dirixir o meu erratico deambular, despues, cara a ese lugar.

Trátase do poblado de A Chaira, de complexo abandonado hai máis de 30 anos e que se mantén en pé pero nun estado de conservación lamentable. Iberdrola tapiou anos atrás a entrada aos inmobles e posteriormente instalou un valo perimetral para impedir o acceso ao recinto pero iso impide poder acceder ao seu interior a ver o que alí hai ou, como fan outros, a esnaquizar muros, portas, varandas ou o que se tercie.

Xa dentro, tiven a sorte de atoparme von unha parella cunha nena ao que acompañaba un home que me informou que era aquilo, a súa orixe, etc. Ademais indicoume outros lugares de interese, miradoiros, poboacións, os mellores momentos para gozar daqueles lugares. Unha sorte

Regresei despois de pasear entre as casas e gozar das vistas. Unha tarde afortunada a de hoxe sábado polas terras de Pantón.


Peares: Inicio da ruta

Estrada que discurre pola beira esquerda do Rio Sil

Río Sil

Rio Sil con Mosteiro de San Estevo no cima 

Río Sil

Capela de A Chaira vista desde a beira esquerda do Sil

Ponte de A Barca, na desembocadoa do Río Cabe no Río Sil

A Barca

Ponte de A Barca

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira


Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Capela de A Chaira

Campanario da Capela de A Chaira

Capela de A Chaira

Capela de A Chaira

Interior da Capela de A Chaira

Interior da Capela de A Chaira

Interior da Capela de A Chaira

Interior da Capela de A Chaira

Lateral leste da Capela de A Chaira

Lateral leste da Capela de A Chaira

Ventanal no lateral leste da Capela de A Chaira

Parte traseira da Capela de A Chaira

Vistas dos montes da orilla esquerda do Rio Sil desde A Chaira

Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira

Poblado de A Chaira

Grafitti nunna das casas de A Chaira

Poblado de A Chaira

Pombais 

Poblado de A Chaira

Poblado de A Chaira

Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira

Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira

Vista da capela cando abandonamos A Chaira

Vista da capela cando abandonamos A Chaira



A fervenza de Ézaro (ou de Xallas, polo nome do río)é unha das máis grandes marabillas naturais que posúe Galicia e é a única fervenza de Europa que fai que un río verta as súas augas directamente ao océano Atlántico.

A lenda conta que outrora os mariñeiros guiábanse pola gran nube de vapor que xeraba a caída de auga do Xallas no seu choque co mar.

Esta e outras lendas ven reforzadas, aínda máis, polo feito de atoparse na Costa da Morte, espazo lendario onde os haxa. E ademais, ás súas costas atópase o monte Pindo, o monte Olimpo da cultura celta, e non moi lonxe o Monte Louro. É dicir, que se atopa perfectamente enmarcado nunha terra de lenda e de maxia.

Dita fervenza está no municipio coruñés de Dumbría, entre dous lugares tamén espectaculares como son  cabo de Fisterra e a praia de Carnota, no municipio de Muros, a máis grande de Galicia.

Para outro día deixei, pola cantidade de turista e coches que había, a visita ao Miradoiro do Ezaro e así poder gozar das súas vistas. 




















oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.