A fervenza de Ézaro (ou de Xallas, polo nome do río)é unha das máis grandes marabillas naturais que posúe Galicia e é a única fervenza de Europa que fai que un río verta as súas augas directamente ao océano Atlántico.

A lenda conta que outrora os mariñeiros guiábanse pola gran nube de vapor que xeraba a caída de auga do Xallas no seu choque co mar.

Esta e outras lendas ven reforzadas, aínda máis, polo feito de atoparse na Costa da Morte, espazo lendario onde os haxa. E ademais, ás súas costas atópase o monte Pindo, o monte Olimpo da cultura celta, e non moi lonxe o Monte Louro. É dicir, que se atopa perfectamente enmarcado nunha terra de lenda e de maxia.

Dita fervenza está no municipio coruñés de Dumbría, entre dous lugares tamén espectaculares como son  cabo de Fisterra e a praia de Carnota, no municipio de Muros, a máis grande de Galicia.

Para outro día deixei, pola cantidade de turista e coches que había, a visita ao Miradoiro do Ezaro e así poder gozar das súas vistas. 




















Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.