Hai moitos anos críase que a Terra era plana, unha enorme illa no medio dun inmenso mar e a máxica Finis Terrae dos romanos era o lugar onde acaba a terra. Desde ese lugar podíase ver como se estendía un inmenso océano e onde se ocultaba o divos Sol. 

Onte, viaxando por estreitas e serpenteantes estradas locais cubertas polas copas dunhas frondosas árbores fun ao cabo do mundo e asi poder sentir todo o que nese lugar concéntrase: o vento, a inmesidad do mar, o vertigo, a luz, o Sol, o rumor das ondas, a servidume dos que alí estabamos. Un lugar increible polo que é, por onde está, por todo o que o rodea. Un lugar máis da beleza que ten Galicia.

Despois de estar un bo intre gozando afastámonos deste marabilloso sitio desde onde se localizaba a lendaria cidade de Dugium, o lugar que vió grandes batallas entre ingleses e franceses durante a segunda metade do século XVIII, o lugar onde se acaba o Camiño de Santiago, o lugar onde, posiblemente, póidase gozar dunhas postas de sol máis fermosas do mundo (aínda que ao meu tocoume gozar dun día nubrado)

O mítico cabo de Finisterre é, xunto co cabo Touriñán, en Muxia, o punto máis occidental da península ibérica, con permiso doutro veciño cabo, do Cabo da Nave, tamén pertencente ao concello de Fisterra. 

Antes de marcharme fíxenme a promesa de volver  e ver como o Sol escóndese no horizonte, nos límites da Terra
















Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.