Xa non sei cantas son as veces que o visitei. Visiteino sendo, como é agora, un magnífico Parador pero xa antes cando estaba sen restaurar, ou polo menos non da maneira en que hoxe loce. Recordo cando deambulaba entre os seus muros para poder asistir, no Claustro Grande, aos concertos que tiñan lugar no marco dun festival de música celta. Alí puiden asistir, a finais de verán, aos concertos se grupos como Berrogüetto, xa desaparecido, ou Hedningarnaun grupo sueco, e os doutros  moitos grupos de Galicia, Asturias, Francia, Inglaterra, etc. Foron moitos veráns e foron moitas bandas.

Onte volvín. E fíxeno moi ben acompañado. O día convidaba a pasear, a gozar da natureza e a coñecer este marabilloso mosteiro benedictino do século X. Como para falar deste lugar hai que dedicarlle un tempo e uns coñecementos que non teño, vouvos a indicar esta ligazón que conta dde maneira moi exhaustiva e amena a historia e a riqueza artística do Mosteiro de San Esteve de Ribas de Sil. Eu unicamente vou facer mención ao seu tres claustros.

O CLAUSTRO GRANDE OU DOS CABALEIROS

Atópase situado á entrada do mosteiro. Ten planta rectangular e consta de tres corpos de estilo renacentista. No primeiro, presenta arcos de medio punto con fortes columnas e sen bóveda. O segundo atópase diferenciado por unha cornixa, presenta columnas con pilastras. A súa construción data dos séculos XVI-XVII. O terceiro corpo forma unha galería de arcos separados con pilastras. Desde a súa restauración, no século XXI, o lado norte do claustro atópase cuberto por un panel de fibra transparente, obra do arquitecto José Javier Suances Pereiro.

Á beira da portaría atópase a escaleira de honra que está cuberta cunha bóveda de crucería do ano 1739 que ten catro rosetones decorados.



CLAUSTRO DOS BISPOS

Este claustro fai referencia ao nove prelados da anterior lenda, tratándose en realidade do claustro Regular ou das Procesións. É o máis antigo e comunica directamente coa igrexa, despuntando desa primitiva fábrica románica, o seu corpo inferior con arquería sobre columnas xemelgas con capiteis do século XII e a bóveda de crucería reconstruída en 1722. Ademais completa este atractivo espazo, o corpo superior de estilo ojival (s. XVI), e uns rechamantes contrafuertes encostados aos muros, decorados con pináculos, gabletes e agullas en pedra de estilo gótico tardío. 

O nove bispos

Gran parte do poder económico, a riqueza, e a fama que alcanzou o mosteiro de San Estevo na alta Idade Media debeuse ao nove bispos que, ao longo do século X, retiráronse a terminar alí a súa vida. Esta historia xa se menciona nun texto do século XI, aínda que son fontes moi posteriores, do século XVI, as que identifican a estes prelados e as súas dioceses: Ansurio e Vimarasio, de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo, de Coimbra; Servando, Viliulfo e Pelayo, de Iria; Alfonso, de Astorga e Ourense; e Pedro, do que non se coñece a súa diocese. O mesmo documento indica que foron enterrados no coñecido como Claustro dos Bispos, o máis antigo do mosteiro, ata que a mediados do século XV foron trasladados á zona do altar maior da igrexa. Os aneis destes prelados gardáronse nunha arqueta de prata e foron venerados como reliquias.

As causas desta concentración de bispos neste lugar poden atoparse, nalgúns casos na fuxida que tiveron que facer desde as súas sedes debido á invasión musulmá, e noutros, seguramente na procura dunha vida allea aos valores da sociedade terreal, algo moi frecuente neste momento. As súas mitras aparecen reflectidas no escudo do mosteiro, que pode verse na monumental fachada renacentista que dá acceso ás dependencias monásticas.
















EL CLAUSTRO PEQUEÑO O DO VIVEIRO

Encostado ao Claustro dos Bispos, este claustro edificouse para aloxar as dependencias do abade. Tamén se coñece como Claustro do viveiro porque nunha gran fonte que había no centro, os monxes conservaban peixe vivo traído das pesqueiras do Sil. Sitúase ao norte do dos Bispos. Comezouse a construír en 1595 por orde de Diego de Illa. Consta de dous corpos e está conformado por arcos de medio punto sobre columnas dóricas. O seu autor é Diego de Illa que en 1595, contratou esta obra na impúñaselle que fose «de orde toscano nos arcos da planta baixa, con columnas dóricas na planta alta»








Plano do mosteiro realizado por Pons Sorolla en 1956. Planoteca IPCE

Aspecto do mosteiro antes da súa restauración integral

Mosteiro de San Estevo de Rivas de Sil (Foto: Paradores)



Fontes:



 


Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.