“Crematorio frío” é un testemuño estremecedor sobre a barbarie do nazismo e a deshumanización extrema que József Debreczeni, xunto con moitas outras persoas, sufriu nos campos de concentración e, especialmente, no campo-hospital de Dörnhau (o Crematorio Frío). O seu relato, marcado por un estilo conciso e sen sentimentalismos, sumerxenos nun escenario de horror difícil de comprender desde calquera perspectiva (incluída a da estratexia bélica). A obra non só denuncia, senón que tamén evidencia a delgada liña entre a civilización e a barbarie, mostrando como a tortura –física e moral– desposúe as persoas da súa humanidade.

O máis impactante deste libro é a súa ollada íntima e persoal, que vai máis aló da historia colectiva para poñer rostro e voz a quen viviron este inferno. A pesar de que o Holocausto foi amplamente documentado na literatura e no cine, Crematorio frío segue a ser un testemuño necesario, que sacode ao lector e lle lembra a importancia da memoria.

A pesar da súa dureza, este libro é moi, moi recomendable.


Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.