Fixo, o pasado mes de setembro, 6 anos da miña anterior visita á a antiga Cibdá de Armea e hoxe volvín. Aproveitando unha magnifica tarde, xunto con dous inquietos acompañantes, volvín a ese marabilloso lugar para percorrer as súas rúas e as súas casas, para ver en primeira persoa os avances das escavacións que todos os veráns realizan os estudantes da Facultade de Historia do campus de Ourense e doutras universidades baixo a dirección de Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Aqueoloxía, Antigüidade e Territorio da facultade ourensá

Durante estes seis anos no xacemento de Armea escaváronse tres domus, nas que se poden atopar cociñas, muíños ou estancias dedicadas a producir utensilios de metal ou vidro. Durante este verán pasado os traballos buscaban avanzar na zona este de o xacemento descubrindo unha nova casa da época romana, na continuidade dunha rúa e parte doutra gran casa coñecida como "domus do hexascele", ademais de seguir con tarefas de conservación e restauración para protexer e pór en valor os vestixios atopados durante esta campaña. Destacou especialmente o descubrimento dunha cabeza antropomorfa de pedra do século I, unha escultura de carácter romano que corresponde á ocupación previa ás domus xa descubertas con anterioridade .

Nós, hoxe, estivemos un bo intre fixándonos especialmente en detalles das construcións, nos diversos petróglifos que alí hai e en gozar dun lugar increible antes de dirixirnos á Basílica da Ascensión a presentar os nosos respectos.

Foi unha boa tarde de outono


DOMUS DA ROSETA

A domus da roseta recibe o seu nome dunha pedra labrada con este motivo aparecida durante unha das campañas de escavación. Trátase ducha gran casa urbana con duas zonas. A parte leste presenta varias habitacións (una delas estucada) en torno a un patio e un corredor. A parte oeste acollería todas as estancias destinadas as labores da vida cotiá, como cociñas ou almacéns. Esta parte sitúase en torno a un patio enlosado ao que se accedería a través dunha porta que abre cara a rúa. E moi posible que esta vivienda tivera un segundo andar no que se situarían os dormitorios












DOMUS LESTE

A domus leste, parcialmente escavada, esta separada da domus sur por unha cante que leva as augas pluviais cara a rúa central. Desta domus só se coñecen de momento catro estancias, unha delas a cociña, cun banco e unha lareira. Unha das estancias da parte alta conserva unha ventá aberta cara a canela.







DOMUS DO HEXÁSCELE

A domus do Hexáscele , recibe este nome debido a que nas escavacións atopouse no seu interior unha pedra con este motivo que decoraría algunha das súas paredes. Trátase dunha gran casa con dúas partes funcionais. Unha delas estaría destinada a salóns e dormitorios á que se accede por un atrio columnado situado ao oeste. A outra parte da casa dedicábase a funcións produtivas e artesanais artellándose en torno a un gran patio aberto e enlousado ao que se chega desde a rúa central onde nos atopamos. Arredor deste patio desenvólvense novas estancias, como as relacionadas coa produción de viño (lagar e zonas de adega) e unha gran cociña que contaba cun forno de pan e unha lareira. Este patio comunicaba á súa vez coa zona habitacional.



















PETROGLIFOS












CARBALLO DA SANTA




BASILICA DA ASCENSIÓN


















Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.