Na web da “Cidade da Cultura” dise que «Faraón: Rei de Exipto explora o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou como herdanza esta antiga civilización. A mostra chega á Cidade da Cultura da man da Fundación “a Caixa” e o British Museum en colaboración coa Xunta de Galicia e no marco do Xacobeo 2021con 140 pezas da colección do prestixioso museo británico»

Na exposición, na Planta 2 do Museo Centro Gaiás, poderase disfrutar de "estatuas e os monumentos, os faraóns construían con esmero as súas identidades, e proxectaban unha imaxe idealizada de si mesmos, ben como guerreiros poderosos, protectores de Exipto contra os seus inimigos, ben como adoradores ferventes dos deuses, intermediarios entre eles e o resto da humanidade. Tras estas representacións da realeza, con todo, a realidade era moito máis complexa"

Despois de visitar este fin de semana a exposición mostro eiqui algunhas das 140 pezas expostas e animo a todos a que a visitedes. Estará aberta ata o 15 de agosto, de martes a domingo de 10:00 a 20:00 H, na Planta 2 do Museo Centro Gaiás.



Cabeza do faraón Mentuhotep II 
Pedra de gra 
Dinastia XI , reinado de Mentuhotep II , c 2055-2004 a C. 
Templo de Mentuhotep II 
Deir el - Bahari . Tebas . Exipto

Manter unidas as Dúas Terras ( o Alto e o Baixo Exipto ) era fundamental para o concepto exipcio da monarquía . Mentuhotep II pasou á historia por ser o reunificador do país tras unha época de guerra civil . Ademais de recobrar a estabilidade interna derrocando aos seus rivais , tentou recuperar terras estranxeiras mediante campañas militares . Mentuhotep II aparece coa pel vermella , como se representaba aos homes na arte do antigo Exiptoso ureo ( figura dunha cobra ergreita pintado en amarelo sobre a fronte protexe ao monarca á vez que exhibe o seu poder


Cabeza del faraón Tutmosis III 
Limolita Verde 
Dinastía XVIII, reinado de Tutmosis III, c.  1479-1425 a.  C. 
Karnak, Tebas, Egipto

La corona que lleva este monarca se llama corona blanca.  Símbolo del Alto Egipto, solía combinarse con el dro (cobre erecto), que seremos, hábilmente escondidos, en el temblor del mono.  cerca reimado lejos en la gran calidad de cultivos producidos en el real.  Este tipo se colocó en los templos por los lazos entre el monarca y lo divino.


Estatua inacabada dun faraón tolemaico 
Basalto 
Dinastía Tolemaica c 305-30 aC 
Posiblemente de Atribis . Exipto

Exipto sufriu moitas invasións que nalgúns casos puxeron o goberno de país en mans de monarcas nubios, persas o gregos. Cando un rei asumía o papel de faraón, copiaba as trandicións  artísticas do pasado para reforzar a súa lexitimidade ao trono. O aspecto do rostro desta estátua permite datala da época que Exipto estivo  gobernada por monarcas gregos, ainda que, en esencia. o faraón está represtado seguindo o estilo tradicional exipcio: tanto a postura, cunha perna adiantada, como o faldrellín e o nemes (toucado) son símbolos tradicionais da monarquía


Estatua do deus Re-Horakhti
Granito
Dinastía reinado de Ramesés II C 1279-1213 a.C.
Tell el-Maskhuta, Exipto

Esta estatua representa a falcón Re-Horakhti protexendo o nome do faraón Ramsés II, rodeado por un cartucho (marco ovalado). O nome deste deus, que significa “Re-Horus dous horizontes", representa a unión entre RE, deus do sol, e Horus, deus do ceo. Ambos poden ser representados coma falcóns. Unha inscrición xeroglífica na base describe a Re-Horakhti como "gran deus, señor do ceo".

Durante os sesenta e seis anos do reinado de Rameses II ou Ramsés II, fixeronse miles de estatuas como esta, no contexto dun programa de construción de templos que se estendía máis alá de Exipto e chegaba ata Nubia. Estes templos decorabanse con representacións e descricións das vitorias militares de Ramesés. Estatuas coma esta  transmitían a idea de que o faraón estaba protexido polos deuses. Esta peza foi achada en Tell el-Maskhuta, na parte oriental do delta do Nilo, unha localidade que ao parecer estivo despoboada durante o reinado de Ramsés II. É probable que a estatua fose trasladada a esta localidade para decorar un templo construído por un faraón posterior.

Estatueta do deus Amón-Re
Prata sobredourada
Terceiro Periodo Intermedio, c 1069-664 a.C.
Karnak, Tebas, Exipto

Amón-Re era unha poderosa deidade creadora cuxa importancia aumentou durante o Reino Novo. O deus está representado cun toucado dourado composto por dúas plumas e un disco solar, sinal da súa asociación con Sol. O templo principal de Amón-Re, en Karnak, Tebas, foi ampliado por múltiples faraón a partir do Reino Medio. 

Fragmento de relevo
Calcaria pintada 
Dinastia XI, reinado de Mentuhotep II, c 2055-2004 
Templo de Menthotep II. 
Deir el-Bahari, Tebas, Exipto

O deus solar brindáballe vida, protección e poder ao monarca. Neste fragmento, o faraón Mentuhotep II está protexido por un disco solar alado, flanqueado por dous ureos (figuras de cobras ergueitas) e signos ankh (símbolos de vida). Só se conserva a parte superior da coroa do faraón, visible debaixo do sol. A inscrición da esquina inferior dereita parece indicar que o soberano aparecía representado xunto a unha das suas esposas


Fragmento de relevo coa inscrición "Fillo de Re" 
Calcaria
Dinastía XIX, reinado de Seti I, c. 1294-1279 a.C. 
Tumba de Seti I, Val dos Reis, Tebas, Exipto 

Re foi unha das deidades solares máis poderosas do antigo Exipto. Considerábase habitualmente como unha representación do sol ao mediodía, cando o máis alto non é ceo, e tamén era un deus creador, cuxo principal lugar de culto era ou centro relixioso de Heliópolis, ou "Cidade do Sol", en grego antigo. O faraón foi descrito como "Fillo de Re", ou cal reflectiu a súa ascendencia divina. 

Estela de Hathor como vaca
Calcaria
Dinastia XVIII, c. 1550-1295 a.C.
Templo de Mentuhotep II.
Deir el-Bahari, Tebas, Exipto

Estatuiña da deusa Isis con seu fillo Horus
Bronce
Baixa Epoca, c. 664-332 a.C.
Exipto


Cabeza do faraón Amenhotep III
 Cuarcita vermella 
Dinastía XVIII, reinado de Amenhotep III, 
c. 1390-1352 a.C. 
Exipto

Cada coroa real tiña o seu simbolismo e as súas asociacións. Esta coñécese como kheperesh, e é emblemática de Amenhotep III, o primeiro monarca que se representou levando este tipo de ornamento. Recibía moitas veces o nome de «coroa azul», pola cor que se conserva nalgúns exemplos. Empregábase en momentos rituais específicos, e aparece con particular frecuencia en representacións de vitorias militares.

Figura do faraón Mentuhotep II 
Pedra calcaria 
Dinastía XVII, c. 1550-1295 a.C. 
Exipto 

Mentuhotep II foi un eminente faraón que gobernou entre 2055 e 2004 a.C., aproximadamente, e que pasou á historia por reunificar Exipto tras un longo período de axitación e guerras internas. A dobre coroa do Alto e o Baixo Exipto simboliza o poder do gobernante sobre as Dúas Terras. Este monarca sería lendario polos seus logros, como se demostra nesta estatua, que se esculpiu varios séculos despois do seu reinado. O soberano, cuberto por un manto de tea branca e cun cetro e un flaxelo, está asociado con Osiris, o deus do inframundo.

Cetro e flaxelo 
Aliaxe de cobre 
Baixa Época, c. 664-332 a. C. 
Exipto 

Osiris, señor do mundo dos mortos, era un dos deuses aos que se lles atribuía o goberno de Exipto antes dos faraóns. Por iso, os monarcas exipcios referíanse a el con frecuencia e adoptaban algúns dos seus símbolos característicos. O cetro heka simbolizaba o poder sobre as Dúas Terras, é dicir, o Alto e o Baixo Exipto, mentres que o flaxelo, ou cetro nekhakha, podería representar un utensilio para espantar as moscas. Ambos se usaron desde os primeiros tempos da historia exipcia para simbolizar a realeza. 

Accesorio para estatua e elemento decorativo para moble, ambos, en forma de ureo
Prata e bronce e ouro
Baixa Época, c. 664-332 a.C.
Exipto

Adorno en forma de escarabeo alado cun disco solar entre as patas
Electro, lapislázuli, coralina e feldespato
Dinastia XII, reinado de Senuseret II, c. 1880-1874 aC
Exipto

Selo en forma de anel co nome do faraón Amenhotep II
Ouro
Dinastia XVII, reinado de Amenhotep II,c. 1427-1400 aC
Exipto

Anel do faraón Amenhotep III
Faianza
Dinastia XVIII, reinado de Amenhotep III
c. 1390-1352 aC
Exipto


Laxe con incrustación e o nome do faraón Seti II
Faianza
Dinastia XIX, reinado de Seti II
c. 1200-1194 aC
Exipto


Recipiente con nomes do faraón Pepi I
Calcita
Dinastia VII, reinado de Pepi I
c. 2328-2287 aC
Exipto

Relevo dun templo do faraón Ptolomeo I
Calcaria
Dinastia Ptolemaica, reinado de Ptolomeo I
c, 305-282 aC
Templo de Hathor
Kom Abu Billo, Exipto

Facer ofrendas aos deuses era un dos deberes máis importantes do faraón, que nalgunhas  das múltiples escenas que adornaban os templos aparecía presentando alimentos, bebidas ou obxectos de valor a varios deuses. Aquí, o faraón Ptolomeo I ofrece a Hathor, deus da alegría e a fertilidade, herba e papiro. Estas plantas simbolizaban o Alto e o Baixo Exipto, e xuntas representaban a unificación das Dúas Terras. O faraón Ptolomeo I foi o fundador da Dinastía Ptolemaica, establecida tras a conquista de Exipto por Alexandro Magno. Na época en que Exipto estaba gobernado por monarcas grecomacedonios, seguiron erixíndose templos de estilo exipcio para garantir a observancia dos ritos tradicionais.

O Gran Papiro Harris (facsímile) 
Orixinal: Papiro. 
Dinastía XX, reinado de Rameses III, 
c. 1184-1053 a,C. 
Tebas, Exipto 

Con 42 metros de lonxitude, o Gran Papiro Harris é un dos papiros máis longos que se conservan do antigo Exipto. Leva o nome de Anthony Charles Harris, que o adquiriu en 1855. Este rolo de papiro conmemora os principais acontecementos do reinado do faraón Rameses III, Menciona os templos que construíu este soberano, aos que proveu de posesións e presentes. Esta ilustración é unha das tres que contén o papiro. Mostra ao faraón fronte aos deuses do templo solar de Heliópolis, entre eles Re-Horakhty( cun disco solar vermello) e o deus creador Atum. 



Fragmento dunha estatua da deusa Sekhmet 
Granito negro 
Dinastía XVIII, reinado de Amenhotep III, c. 1390-1352 a. C. 
Templo de Mut, Karnak, Tebas, Exipto 

A deusa Sekhmet, ou «Aquela que é poderosa», aparece descrita nos mitos antigos como «o ollo de Re» e «a filla de Re». Perigosa e destrutiva, foi enviada por Re, o deus solar para aniquilar os seus inimigos. Tamén podía converterse no ureo protector da fronte do faraón. No interior do seu gran templo funerario, en Tebas, Amenhotep III erixiu centenares de estatuas que representaba a Sekhmet. Despois da súa morte, o faraón converteuse nun deus, e o templo pasou a usarse como o centro do seu culto, 



Figura dun babuino en crequenas 
Cuarcita vermella 
Dinastia XVIII, reinado de Amenhotep III, c 1390-1352 a.C 
Exipto

As estatuas de deuses eseulpidas en diversos tipos de pedras duras son características do reinado de faraón Amenhotep III. Os babulnos representaban a varias divindades, coma o deus solar Re ao amencer, ou Thoth, o deus da escritura, que rexistraba os anos de reinado do monarca Porén a inscrición desta estatua indica que o babuino poderia representar un terceiro deus. Isto pon de releve a multiplicidade de deidades que podian represemarse con formas animais, dependendo da forma e funcion de cada estatua ou imaxe.



Esfinxe do faraón Amenemhat IV 
Gneis 
Dinastla XII, reinado de Amenemhat IV. 
c. 1808-1799 a.C. 
Beirut. Libano

A esinxe é un poderoso símbolo que combina o corpo dun león, que representa a forza, cunha cabeza humana. As avenidas procesionais que conducían aos templos estaban flanqueadas por unha ringleira de esfinxes, tanto para protexer ao faraón como para proclamar o seu poder. O rostro e a melena desta esinxe probablemete se tallasen de novo varios séulos despoís da súa realización, quizais durante Periodo Tolemaico, segundo parece indicar o estilo do rostro


Relevo coa representación dun faraón anónimo 
Calcaría 
Dinastla XI, c. 2125-1985 a. C. 
Exipto

Este relevo representa dous integrantes da familia real. O faraón, dun tamano lixeiramente maior, móstrase diante da "filla real da súa carne». Porta varlos simbolos de realeza: unha maza, unha cola de touro, a barba postiza e a coroa branca do Alto Exipto. Os xeroglificos descríbeno como «deus perfecto, señor das Dúas Terras». A princesa leva atavíos sinxelos, con perruca curta e vestido axustado. Ostenta tamén algunhas xolas, entre elas un ancho colar e pulseiras no pulso e os nocellos. As figuras están esculpidas prestando unha gran atención ao detalle, como se aprecia na pupila do ollo do soberano ou na musculatura dos seus xeonllos.


Estatueta que simboliza a Nekbbet, diosa do Alto Exipto e Relevo coa representación dunha princesa do faraón Akhenaton
Dinastía XVIII, reinado de Amehotep IV/Akhenaton
c. 1352-1336 a.C.
Tell el-Amarna. Exipto


Escarabeo
Esteatita
Dinastia XVIII, reinado de Amenhotep III
c. 1390-1352 a.C.
Exipto


Selo en forma de anel 
Ouro
Finais da Dinastia XVIII
Exipto


Perruca dunha estatua real
Fainza
Reino Novo, c. 1550-1060 aC
Probablemente Tebas, Exipto


Óstracon que documenta o ascenso ao trono do faraón 
Calcaria 
Dinastía XX, reinado de Rameses VI. 
c. 1143 a. C. 
Deir el-Medina, Tebas, Exipto

Como o prezo do papiro era elevado, a miúdo usábanse anacos de pedra ou cerámica, chamados óstraca, para escribir textos curtos. Este describe un anuncio oficial no que o visir informaba aos habitantes da localidade de Deir el-Medina de que o faraón Rameses VI ascendera recentemente ao trono.


Paleta de escriba
Madeira
Dinastía VI, reinado de Pepi II
c. 2278-2184 a.C.
Exipto


Papiro de Abusir 
Papiro 
Dinastía V,  c. 2494-2345 a. C. 
Abusir, Exipto

Este papiro provén do arquivo dun templo funerario real en Abusir, onde foron sepultados algúns dos faraóns da Dinastía V. Revela procedementos administrativos e económicos, incluídas as obrigas e os calendarios dos sacerdotes, listas de ofrendas e un inventario dos seus bens. Os escribas mesmo deixaron constancia dos obxectos do templo que se atopaban en mal estado ou desapareceran.



Estatua do funcionario do goberno Sennefer
Granodiorita
Dinastía XVIII, reinado de Tutmosis III
c. 1479-1425 aC
Tebas, Exipto

Sennefer foi un nobre e alto dirixente do Imperio Novo, no Antigo Exipto, alcalde de Tebas e Supervisor dos Celeiros e Campos, Xardíns e Gañado de Amón, durante o reinado do faraón Amenhotep II da Dinastía XVIII, sendo un dos favoritos do monarca polo que acumulo unha gran fortuna durante o reinado do mesmo. Polo seu importante cargo como alcalde de Tebas o faraón permitiulle colocar a súa estatua xunto coa da súa esposa no templo de Karnak. Na súa tumba en Tebas faise referencia a dúas esposas e aparece representado co mesmo colar que levaba, un amuleto con forma de corazón.



Estatua do visir Nespakashuti 
Granito 
Dinastía XXVI, reinado de Psamético I. 
c. 664-610 a. C. 
Probablemente de Tebas, Exipto 

Nespakashuti fol visir durante o reinado de Psamétieo I. Herdou do seu pai, Nespamedu, un dos cargos máls relevantes da administración exipcia. Por aquel entón eran dous os visires que se ocupaban do bo funcionamento da administración, un no norte eo outro no sur de Exipto. Nespakashuti gobernaba o sur, case sempre desde a rexion tebana, onde tamen reciblu sepultura. Aquel esta representado de xeonllos detras dun gran sistro esilado, simbole da deusa Hathor.



Estatua de Sema-taul 
Basalto
Segunda metade da Dinastía Ptolemaica, 
C. 150-30 a. C. 
Exipto

O home representado nesta peza chamábase Sematauy. Ten nas súas mans unha pequena capela que contén unha figura do deus Amón cunha dobre coroa. A cabeza afeitada era unha  característica típica do sacerdocio no antigo Exipto, polo que é posible que Sematauy fose sacerdote; con todo, a falta de pelo tamén podería estar relacionada coa representación realista das súas características fisicas, acorde coas engurras e o rostro envellecido. A cabeza contrasta moito co corpo, esculpido con gran simplicidade, feito que podería indicar que nesta estatua traballaron dous artistas diferentes.



Estela do faraon Sanakht 
Arenita 
Dinastia III, c. 2686-2613 aC. 
Wadi Maghara, Sinal, Exipto

Os faraóns sempre cobizaron as riquesas dos desertos que rodeaban o pais e das terras estranxeiras. Realizáronse moitas expedicions a peninsula do Sinal en búsqueda de turquesa, unha pedra semipreciosa presente na zona. Nesta estela obsérvase unha representación do faraón Sanakht coa coroa vermella do Baixo Exipto, matando a un inimigo do deserto oriental. O seu nome aparece dentro dun serekh (signo xeroglifico en forma de pazo).



Estela cun faraón golpeando un inimigo
Calcaria
Dinastía XVIII, c. 1550-1295 aC
Menfis, Exipto

Aquí o faraón aparece golpeando un inimigo fronte ao deus creador Ptah. 
O prisioneiro, agarrado polo pelo, está axeonllado diante do monarca cos brazos 
levantados  para protexerse do impacto dunha espada curva. 
O falcón que sobrevoa o grupo probablemente sexa o deus Horus. 
Nas paredes dos templos, representabanse a miudo escenas coma esta para 
proclamar o dominio do faraón sobre as terras estranxeiras e os seus habitantes



Laxes coa representación de prisioneiros libios 
Faianza 
Dinastía xx, reinado de Rameses III, 
c. 1184-1153 a. C. 
Tell el-Yahudiya, Exipto

Estas finas lousas de faianza (material vidrado semellante á cerámica), de excelente feitura, conteñen imaxes de prisioneiros libios e decoraban un pazo do faraón Rameses III no Baixo Exipto. Nunha delas vemos a un home con barba, unha trenza lateral e as mans atadas. A outra representa un xefe libio tatuado. Estes prisioneiros estranxeiros distínguense dos exipcios por toda unha serie de características, como a cor da pel ou a barba. A miúdo poñíanse lousas deste tipo no trono real; deste xeito, críase que o faraón controlaba maxicamente as terras estranxeiras polo mero feito de sentar nel. 


Arco e machada


Estatua dun prisioneiro 
Pedra calcaria 
Dinastía VI, c. 2345-2181 a. C. 
Probablemente de Saqqara, Exipto

Esta gran estatua, que podería representar un prisioneiro nubio, atopouse probablemente nos arredores dun templo dalgunha piramide real en Saqqara, no Baixo Exipto. Do mesmo xacemento proveñen outras estatuas axeonlladas e cos brazos atados ds costas. Ademais de presentar posturas identicas, todas estan rotas polo pesczno e a cintura, quizais como parte dun ritual pensado para conferir eternamente o faraón e control máxico sobre os pobos estranxeiros.


Estatua do comandante militar Inebny 
Pedra calcaria 
Dinastía XVIII, reinado de Tutmosis III, 
c. 1479-1425 a. C. 
Tebas. Exipto

En textos biográficos que resumen as principais fazañas da traxectoria dos seus protagonistas aparecen descritas expedicións militares; tamén atopamos estas descricións en estelas, paredes de tumbas e estatuas. Inebny foi comandante e supervisor de armamento durante o reinado conxunto dos faraons Hatshepsut e Tutmosis II, e puido participar en campañas militares en Nubla e Siria



As escavacións arqueolóxicas na localidade de Tell el-Amarna sacaron a relucir moitos exemplos de correspondencia diplomática entre gobernantes exipcios e estranxeiros sobre taboíñas de arxila. Estaban escritas en cuneiforme, un sistema de escritura empregado para a correspondencia en todo Oriente Próximo. As boas relacións entre os distintos reinos en moitos casos dependían do intercambio de agasallos. Aquí, o rei babilonio Burnaburiash quéixase ao faraón Akhenaton sobre a cantidade e calidade dos agasallos que recibira en comparación co que lle mandara a el a Exipto.


Os matrimonios reais eran un recurso habitual para fortalecer as alianzas diplomáticas de Exipto con outros países. Nesta misiva, Amenhotep III escribe a Kadashman-Enlil, rei de Babilonia. O faraón describe os agasallos que lle envía e comenta que está esperando a princesa babilonia coa que pronto casará. A taboíña está selada no dorso cun escarabeo (amuleto en forma de escaravello bosteiro) que leva un falcón coroado e unha cobra alada, símbolos que representan o faraón.


Este documento revela a complexidade das alianzas diplomáticas entre os diversos reinos e estados. Foi escrito por representantes da pequena cidade-estado de Irqata, situada ao norte de Biblos, para confirmar a súa lealdade ao reino de Exipto e ao faraón. O texto explica que os habitantes da cidade solicitan axuda para resolver os seus problemas militares cos seus veciños. Outras fontes revelan que Exipto non lla deu e que Irqata recibiu o apoio do reino veciño de Mitanni, un país rival de Exipto.


Cabeza de Alexandre Magno 
Mármore 
Dinastía Macedonia, reinado de Alexandre Magno, c. 332-323 a.C. 
Templo de Afrodita, Cirene, Libia 


Estela coa representación do faraón Alexandre Magno e a touro Bukhis 
Arenita 
Dinastía Macedonia, reinado de Alexandre Magno, c. 332-323 a.C. 
Armant, Exipto

O touro Bukhis, adorado en Armant (no AltoExipto), considerábase a manifestación terreal de Montu, o deus da guerra. Cada un destes touros elixíase con coidado trala morte do seu predecesor, e cando morría era momificado e enterrado nunha fastosa tumba. Esta estela documenta a morte dun touro Bukhis durante o reinado de Alexandre Magmp. O texto tamén menciona que o animal viviu durante o reinado do anterior faraón, o persa Dario III


Fragmento de relevo 
Calcaria pintada 
Dinastía XIX, reinado de Seti I. C. 1294-1279 a. C. 
Tumba de Seti I, Val dos Reis, Tebas, Exipto

Este fragmento dunha esquina da tumba do faraón Seti I, pai de Rameses II, situada no Val dos Reis, aínda conserva as súas cores brillantes. A sepultura de Seti, decorada con gran riqueza, é unha das máis longas do Val dos Reis. O fragmento mostra nunha cara a unha deusa, e na outra varios nomes reais. Forma parte dunha  escena na que se representa o faraón de pé ante varios deuses.




Os faraóns nubios conquistaron Exipto arredor do 747 a. C. e gobernaron o país durante máis de sesenta anos na segunda metade do século VIII a. C. Todos os reis desta orixe foron enterrados na patria dos seus antepasados, Nubia, o norte do actual Sudán. Para as súas tumbas utilizaron diversos elementos da tradición funeraria exipcia, como a construción de pirámides e a incorporación de ushebtis (estatuíñas con forma humana destinadas a traballar en substitución do faraón no Máis Alá). Entre os soberanos representados por estes ushebtis, o único que gobernou Exipto como faraón foi Taharqa. Os demais, porén, conservaron o título, aínda que só controlasen Nubia.


Ushebti do rei nubio Aspelta
Fainza 
Periodo de Napata, reinado de Aspelta
c. 593-568 aC
Tumba de Aspelta, Nuri, Sudán


Ushebti do rei nubio Sekamanisken
Serpentina
Periodo de Napata, reinado de Sekamanisken
c. 6433-623 aC
Tumba de Sekamanisken, Nuri, Sudán


Ushebti do rei nubio Sekamanisken
Serpentina
Periodo de Napata, reinado de Sekamanisken
c. 643-623 aC
Tumba de Sekamanisken, Nuri, Sudán


Ushebti do rei nubio Taharqa
Calcita
Dinastia XXV, reinado de Taharqa
c. 690-664 aC
Tumba de Taharqa, Nuri, Sudán


Ushebti do rei nubio Taharqa
Serpentina
Dinastia XXV, reinado de Taharqa
c. 690-664 aC
Tumba de Taharqa, Nuri, Sudán


Ushebti do rei nubio Taharqa
Serpentina
Dinastia XXV, reinado de Taharqa
c. 690-664 aC
Tumba de Taharqa, Nuri, Sudán



Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.