"Todos os veráns ten lugar en diversas aldeas de Galicia unha das tradicións mais espectaculares de Europa. Centos de cabalos salvaxes son baixados dos montes onde habitan todo o ano para ser rapados e marcados. Unha vez feito isto son liberados de novo. Na aldea de Sabucedo esta tarefa faise corpo a corpo polos "aloitadores" reducindo ao animal sen a axuda de cordas, paus ou aparellos.
A tradicion posiblemente remóntase a epocas pre-romanas. Contan que un ano de gran fame negra os aldeáns ofreceron os cabalos a un santo. Desde entón pastan libremente e só son baixados do monte unha vez ao ano para rapalos e desparasitarlos. Ao contrario do que algúns cren, esta é unha festa de amor polos cabalos e comunion coa natureza."
Asi presenta o creador Jorge Cosmen esta fermosa tradición galega
rapa das bestas / 1 from Jorge Cosmen on Vimeo.
Rapa das Bestas / 2 from Jorge Cosmen on Vimeo.