Primeira novela de Xacobe Medina, un escritor novo, que narra os momentos e a situación persoal de Natalia e a da súa familia cando Manuel, o seu pai, cae enfermo. Manuel é un xubilado profesor de filosofía rebelde, antifranquista e que afronta con optimismo os distintos momentos da súa vida tal como vamos descubrindo o longo dunha trama que nos leva por aldeas de Galicia, por Escocia e Madrid, etc e todo elo mentres soan os The Beatles.



«Novos achados na “cibdá” de Armeá, en Allariz. Na zona leste da finca da atalaia do xacemento, localizouse, en niveis moi inferiores, a case tres metros de profundidade, unha casa redonda, circular, que estaba destruída polas construcións romanas posteriores. Desa casa, detalla Adolfo Fernández, vicedecano da Facultade de Historia do campus de Ourense e director das escavacións , “recuperamos materiais arqueolóxicos asociados e non é material romano, é un casa pre-romana e de tipo castrexo”. Polo tanto, indica o arqueólogo, “podemos dicir que atopamos ese castro de Armea que estaba baixo das construcións romanas, podemos asegurar que debaixo da cibdá romana de Armeá consérvase un poboado castrexo, da Idade de Ferro”.

Segundo explica Adolfo Fernández, na busca destes vestixios castrexos tamén fixeron pequenas sondaxes na zona coñecida como alto dos pendóns, pois, apunta, “de existir estes restos criamos que estaría nas zonas máis elevadas”. Porén, nas sondaxes non se atoparon vestixios castrexos pero si “un pequeno castelo ou fortificación, aínda non sabemos moi ben, de época medieval”. Probablemente, apunta o arqueólogo, “estemos perante a torre que aparece no escudo da parroquia de Santa Mariña, que non se sabía moi ben de onde viña”.

Novos Achados

Entre as novidades desta campaña Adolfo salientou a aparición dunha nova casa de dúas plantas, cun patio de pedra. Ademais a vivenda conta cunha estrutura central toda de pedra con columnas de piares cadrados que se atoparon durante a escavación xunto cos capiteis.

As escavacións cumpren este 2023 doce edicións, na que tanto a Universidade de Vigo como o Concello de Allariz teñen apostado polo potencial deste xacemento a través dunha colaboración. Ademais, o proxecto contou co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense»

Autor do texto: Historia de Galicia








































“Un día, en uno de aquellos vagones en que había supervivientes, al apartar el montón de cadáveres congelados, pegados a menudo unos a otros por sus ropas rígidas y heladas, se descubrió a un grupo entero de niños judíos. De repente, en el andén de la estación, sobre la nieve y entre los árboles cubiertos de nieve, apareció un grupo de niños judíos, unos quince más o menos, mirando a su alrededor con cara asombrada, mirando los cadáveres apilados como troncos de árboles ya podados y amontonados al borde de las carreteras, esperando ser transportados a otro lugar, mirando los árboles y la nieve sobre los árboles, mirando como sólo miran los niños".
Este é un parágrafo de “El largo viaje” de Jorge Semprún, o seu primeiro libro publicado en 1963 e onde o autor conta a deportación na que el xunto con outros detidos, foron levados nun vagón de mercadorías ao campo de concentración de Buchenwald. A partir dese momento o autor móvese cara adiante e cara atrás para dar forma a un mundo terrible, a un mundo presa do fanatismo nazi.

Semprún lémbranos a súa experiencia, as súas conversacións no tren co mozo do Semur; rememora unha multitude de situacións mentres o tren avanza: o crío de Treveris que os apedreaba sen comprender porque o facía e quen era eles; as súas charlas co garda alemán no cárcere de Auxerre, un soldado que “estimaba” pero que desexa con todas as súas forzas que morrese; fálanos da escasa e insípida sopa con que se alimentaban, sopa que comía de maneira ruidosa e que, ao acabar, erutaba; do roubo de comida entre presos; a visita, xa derrotados os alemáns, ao campo de concentración onde el estivo; se reafirmación do que non era e do que quería set: “Non quero converterme nun excombatiente. Eu non son un excombatiente. Son outra cousa, son un futuro combatente”





É John Berger (1926-2017), novelista, ensaísta, formado en pintura,…, un dos maiores críticos de arte contemporánea e un dos mellores escritores británicos dos últimos anos

En “Fama e soidade de Picasso" o autor fai un percorrido íntimo pola vida e a obra do pintor, un home, un artista no que "o que é el importa moito máis que o que el fai", tal como menciónao o autor en varias ocasións.

Berger móstranos un libro, recoñezo que profundo e difícil de ler, onde xunto coa vida, o mundo e a obra do pintor malagueño fai unha recreación, unha interpretación da arte e do mundo de finais do século XIX e a primeira metade do século XX. Sinala a Picasso como “o indiscutible emperador da arte moderno", pero, a pesar diso, na súa actitude cara á arte e cara ao seu propio destino como artista "hai unha tendencia que non ten nada de moderna e que pertence con máis propiedade aos comezos do século XIX".

O autor destaca o poder do xenio de Picasso, un poder que desde moi novo “convértese nunha barreira contra as influencias estrañas e mesmo contra calquera dos seus propios plans conscientes”. Isto ten como consecuencia na propia actividade creativa do pintor, sempre, aínda que pareza raro, á marxe de “interferencias e interaccións”. Unicamente isto veuse abaixo, indica Berger, durante o Cubismo. Depois Picasso volve ao seu mundo. Todo iso cóntao con maestria, conta como o principal problema de Picasso foi a “imposibilidade de atopar un tema” que pintar (excepto durante o Cubismo), fala do seu illamento, de certa despreocupación de todo o que o rodea, fala das mulleres (reais e pintadas), da angustia que tivo os seus anos finais debido á vellez, á soidade,…

É un magnifico ensaio para coñecer ao xenio de Picasso, pero tamén para penetrarse no mundo da pintura, da arte, do ocorrido durante boa parte do século XX en Europa.

Para finalizar vou poñer un texto que me fixo lembrar algunhas conversacións co escultor Xosé Cid e a súa maneira de entender a arte, a maneira de achegarse e de sentilo. Xosé, en máis dunha ocasión, sempre me falou da subxectividade, da particular maneira que cada un ten de entender ou de sentir cando se pon diante dunha escultura, dun cadro etc.

E Berger, neste libro, fai a seguinte mención que, sen ser contraria, puntualiza un pouco:
“Así pois, para que un cadro teña éxito é indispensable que pintor e público estean de acordo no seu significado. O tema pode ter unha significación persoal para o pintor ou para o espectador como individuo; pero ha de haber tamén a posibilidade de que concorden ambas as significacións noutra xeral. É este o punto en que a cultura da sociedade e da época en cuestión precedan ao artista e á súa arte. A arte renacentista non tivese significado algún para os aztecas, e viceversa”

Se vos gusta a pintura, a arte e a boa literatura, a pesar da súa “dureza” non deixedes de ler este libro


oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.