E regresei. O prometera na miña anterior visita e hoxe, esa promesa, cumprina. Hoxe regresei e fíxeno moi ben acompañado coa intención de volver gozar deste lugar, da súa contorna, da súa historia, da súa riqueza arquitectónica e patrimonial. Hoxe volvín a dar volta á súa ao redor e penetreime no seu interior para poder pasar varios minutos observando as pinturas murais que se atopan no muro estero e que datan do século XVI d.C. (período comprendido entre os anos 1.501 d.C. e 1.600 d.C.). Alí puiden ver unha Anunciación, co anxo Gabriel en forma humana (moi deteriorado), á esquerda e María, no lado oposto, tocando cunha man un libro. No medio de ambos e nun plano superior, vese a pomba que representa ao espírito santo. Neste muro hai un van de fermosa celosía cuxo intradós está decorado cun ceo de estrelas onde se plasma o sol e a lúa. A bóveda desta capela maior de Santa Comba está pintada co motivo da Trindade rodeada polos símbolos do catro evanxelistas.


















Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.