O Real Mosteiro de Santa Clara de Allariz é unha fundación real debida á raíña de Castela e León Dona Violante,  esposa do Rei Alfonso X "O Sabio" (Toledo,1221-Sevilla, 1284), contando coa aprobación e impulso do seu fillo o Rei D. Sancho IV (1258-1295) e a autorización da sede apostólica e as licenzas pontificias correspondentes a finais do século XIII,  a favor das Irmás Clarisas (orde de Santa Clara), monxas procedentes de Santa Clara de Zamora,  instaladas e sucediendose no mesmo até hoxe en dia.

Nesta época o mosteiro conseguiu o señorío sobre as terras que formaban as súas propiedades, isto significou que a casa chegase a ter moita importancia e poder tanto político como económico. Este señorío foi vendido en 1560 ao señor de Allariz, Pedro Pimentel. A vida do establecemento continuou con certa normalidade ata que resultou afectado por un incendio en 1759, que significou practicamente a reconstrución do mosteiro, e os infortunios do século XIX, con exclaustraciones debido á Guerra do Francés e a desamortización.

Temos que sinalar que perfil histórico de Doña Violante non está de todo definido. Aínda asi, entre outros datos, podemos destacar que era filla do Rei Jame I "O Conquistador" de Aragón (Montpellier,1208-Valencia,1276) e a princesa Violante de Hungria e que contrae matrimonio co infante D. Alfonso (futuro monarca) en Valladolid: mostra un forte caracter e recio temple. Participando nos asuntos públicos do reino: toma parte do pleito sucesorio do seu esposo; foxe ao reino de Aragón e volve a Castela,  morre en Roncesvalles no ano 1300 cando volvia dunha peregrinación a Roma 

Neste contexto brevemente exposto, na última etapa da súa vida, se inscribe fundación de Allariz; desprendendose do seu propio testamento (11de abril 1282) a súa vontade de fixar a súa ultima morada no mosteiro e dotalo convenientemente.

En canto ao Arquivo Historico do Mosteiro de Santa Clara, diversos avatares deixaron profunda pegada no mesmo, hallandose actualmente dividido e disperso entre outros varios arquivos.

A pesar diso, atopamos no Mosteiro de Santa Clara de Allariz, o Museo de Arte Sacra de Santa Clara, que como din desde a web de museos da Xunta esta "distribuído en pequenas dependencias barrocas do convento, construído no século XVIII pero cunha estrutura interior que data do século XIII, e pertencente á orde das irmás clarisas. Noutro tempo parece que custodiou grandes obras artísticas das que algunhas son mostradas no museo".

Pois é nese lugar onde puiden ver exposta  a 'Virxe abridera', unha pequena talla de marfil de finais do século XIII, doazón da Raíña de Castela e León Dona Violante. A outra peza sobresaliente é a cruz de cristal de roca que mostra interesantes técnicas artísticas de ourivaría gótica cun gran mostrario de materiais (cristal, esmaltes, etc...).

Despois de estar a observar esas e outra peza alí expostas funme ao interior da igrexa.













Como se indica no Correo Galego, nun artigo de 22 de novembro de 2014 titulado "O convento das Clarisas de Allaríz foi unha Fundación Real", esta que presenta unha planta de cruz latina, abovedada e co coro, como é habitual, repartido en dúas alturas aos pés. A imaxe de Santa Clara, disposta sobre a porta do templo, non é a orixinal – hoxe, no claustro- xa que se trata dunha escultura realizada por 1920.

O retablo maior é obra de José Torres Sarmiento e Malvar e con Juan de Araujo (1788), de estilo rococó presentando, na rúa central, o Sagrario e as imaxes de Santa Clara e da Inmaculada. As rúas laterais atópanse as figuras de San Francisco de Agarrades e de San Bernardino de Siena. 

Conta o cruceiro con dous retablos moi similares. Dúas columnas rematadas con capiteis compostos encadran o seu espazo central e todo se coroa ao modo clásico, dispondo en cada caso un evanxelista, nesa parte alta, a cada lado, como videntes dun máis aló, significado polo símbolo da Trindade que o preside todo, en cada un destes dous retablos, a datar a principios do XIX. Neste caso estamos ante obras vernizadas. O ao lado da epístola presenta á Virxe Milagrosa e o que está en fronte, a San Antonio, nunha escultura de 1800, da mesma man que a Santa Cara do retablo maior. 

Xa na nave, enfronte da porta que dá acceso ao templo, disponse un retablo máis, encaixado neste caso, nun nicho. Tamén é obra decimonónica, aínda cando responde a un momento posterior no que impera o gusto polo eclecticismo. Preséntase aquí un Calvario, constituído por un Crucificado, do século XVIII en tanto que as imaxes da Dolorosa e de San Juan, de vestir, son dun momento posterior.

Completan o repertorio devocional desta igrexa as representacións que, en forma de medallones, móstranse nos laterais do presbiterio, incluídas nos paneis cos que se revisten, en parte, as súas paredes. Nun deles, o ao lado da epístola, represéntanse os Desposorios de María e José e no outro, á Virxe da Carmen entrega o escapulario a San Simón Stock. Deste xeito dous cultos importantes no franciscanismo como son os da Virxe da Carmen, co seu valor de intercesora, e de San José, están aquí presentes".

Uns minutos mais tarde saín da igrexa para dar unha pequena volta ao redor co mosteiro antes de marchar daquel lugar. 







 










Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.