Construida no século XVIII, a Igrexa de San Pedro de Moreiras destaca pola súa fachada de barroca rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

Trátase dunha igrexa rural de amplias dimensións que presenta planta de cruz latina. A nave central e o transepto comparten a mesma altura mentres que o cruceiro é significativamente máis alto. No seu muro sur conserva restos románicos (sillares e aspilleiras).

O pórtico dividese en duas partes. A inferior está presidida por unha porta adinte lada acompañada por dous pares de columnas exentas con fuste liso. Na superior podemos contemplar a figura de San Pedro cun libro na man esquerda e as chaves na dereita. Sobre el dous anxos portando a mitra papal e aos seus flancos outros dous anxos, un barco, un galo e diversos motivos vexetais. Dous novos pares de columnas exentas flanquean a imaxe.

No interior destacan o retablo de Santa Maria, situado no brazo esquerdo do cruceiro da igrexa, con pezas de imaxinaria de gran valor artístico e o altar maior, magnifico exemplar do barroco galego, datado no século XVI e presidido por unha imaxe da Purísima.


















Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.