Vendo o que pasou onte fronte á sede do PSOE na rúa Ferraz de Madrid, quero destacar algunhas consideracións importantes, deixando duas cuestións claran antes:
  1. É completamente lexítimo manifestarse na rúa en contra das políticas dun Goberno. A xente ten dereito a expresarse e a manifestarse
  2. Non é lexítimo, nun Estado de Dereito, agredir a policías, provocar disturbios, causar danos, ameazar ou recorrer á violencia.
Dito isto, é evidente que tanto Pedro Sánchez Pérez-Castejón como aqueles que defenden a amnistía, incluíndo aos socialistas e os seus aliados, están a mostrar unha postura hipócrita e contraditoria. Quen propón unha amnistía para eximir de culpa a quen cometeu delitos como ataques, disturbios públicos e mesmo terrorismo carecen de autoridade moral para condenar ou criticar incidentes violentos menos graves que aqueles que desexan perdoar.

Por que a toma violenta do aeroporto do Prat merece unha amnistía e unha solución política, mentres que o ocorrido en Ferraz onte non o merece? Como se pode explicar isto a aqueles que participaron nos disturbios?

Se a amnistía abarca todos os delitos relacionados co procés, non deberiamos considerar que os delitos cometidos onte na rúa Ferraz, no contexto das protestas contra esta nova fase do procés, tamén están incluídos?

Sanchez e compañía saben perfectamente, son moi conscientes que amnistiar actos violentos, incentiva novos actos violentos por mor da sensación de impunidade. Sábeno e impórtalle un comiño. Mentres, a culpa é dos fachas.





Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.