Atópase o antigo priorado de cóengos de san Agustín pegado á igrexa de Santa María a Real de Xunqueira de Ambia aproveitando un terreo chairo, na parte meridional. É neste lugar onde se atopan as vivendas, rodeando o claustro, todas elas con formas e proporcións románicas. Pódese observar, que á parte da función funcional desta zona, o tratamento estético resulta bastante evidente: arco de medio punto, portas adinteladas con tímpanos formados por varios sillares, etc.
O claustro, construído sobe un primitivo claustro románico, é unha obra plateresca mandada construír polo prior Alonso de Piña (1500-1529) dun só corpo, de forma cadrada, cun precioso teito de madeira, arcos de medio punto e con tímpanos calados, apoiados en machones cubertos de nervaduras.
Pódese observar, no interior do claustro uns sarcófagos románicos dos fundadores do primitivo mosteiro, Aldara e Gonzalo. No da Aldara figura, unha A e unha media lúa en cuarto crecente, na pedra tapadeira. No sarcófago de Gonzalo figura unha espada alargada, na pedra que a cobre, e dúas aves mirando á cabeceira. A partir do 1850 e comezo do XX o claustro foi empregado como cemiterio tal como pódese conservar nas diversas lápidas que aínda se poden ver.
Destaca tamén a zona central, con diversas plantas e unha pila da antiga fonte do claustro. Trátase dunha copa, realizada sobre un único bloque de granito, asentado sobre unha base cilíndrica decorada con grosos boceles.
Como sinalan en romanicodigital.com ?esta peza de Xunqueira de Ambía é o epígono da serie de pilas gallonadas inaugurada en 1122 pola fonte que se situou ante a porta norte da catedral de Santiago e que se converteu na cabeza de serie para outras como a do claustro de Santa María de Sar ou a de Santa María de Cambre?.
Todo ese día visitar o claustro, anteriormente un paseo ao seu ao redor e queda pendente para un futuro, espero que non moi afastado, unha visita ao interior do templo para gozar dos seus tesouros e da música do seu órgano.