Acabar o ano nunha contorna natural, cunhas vistas fermosísimas e sendo golpeado en toda a cara por unha agradable brisa e uns raios de sol, que se agradecían de xeito especial, era un bon plan de despedida. Asi que cando pasaba uns poucos minutos das tres e sendo consciente do curtas que son as tardes de inverno, dirixinme cara a Montederramo buscando as súas montañas. Desde alí continuei pola estrada que leva cara ao veciño concello de Chandreixa de Queixa. O día estaba espectacular. Percorrín uns poucos quilómetros ata o punto onde se atopa a fronteira entre un e outro concello.
Foi nese lugar onde fixen a primeira parada, as primeira s fotos, onde estiven un bo intre gozando dun marabilloso silencio. Reinicie a marcha tomando un camiño de terra que leva a un coto de caza. A marcha foi tranquila, procurando evitar os múltiples baches e parando mil vez para levarme unas canta estampas comigo. Preciosa contorna, sobrecolledor paisaxe. Despois dun tempo, non demasiado, cheguei a Santa Maria de Paredes. Deixei o coche a unha beira e, a continuación, deambulei entre as súas poucas casas para ver o lento que alí pasa o tempo, as marcas que este deixa e o baleiro con que o enche todo. Fun ver a súa igrexa, visiblemente deteriorada e con moitas das sepulturas que a rodean bastante deterioradas; desexei un bo ano a un par de veciñas que se dirixían ás súas casas despois de facer a compra a un vendedor ambulante de peixe, intentei xogar cun vello can e tirei unha, dous,...moitas fotos.
Ao cobo duns pocos minutos seguía coa miña marcha por unha estreita pista que vai a Veredo, a Touzal e a Valdarias. En ningún dises baixeime do coche, en ningún deles pareime pois a noite comezaba a intuírse. Decidín seguir camiño de Montederramo onde tiña previsto parar e tomarme un café.
Non tardei en chegar a Montederramo. Detiven o coche e non me tomei o café. Este o substituín por unha visita ao Monasterio de Santa María. (Se queres saber algo mais do mosteiro pica nesta ligazón)
Nese lugar volvín gozar (e a lamentar polo seu estado) do Claustro baixo ou claustro da Portería ou Hospedería. Trátase dun claustro renacentista e que ten dous pisos. No inferior, pódense ver arcos de medio punto con columnas jónicas degeneradas e bonitos medallones nas enjutas, nos que se mostran esculturas de personaxes relixiosos, de escudos, de reis,...
Desde aí accedín ao Claustro procesional reglar e que xusto nese momento estábase ocupado coa celebración dunha obra de teatro e maxia para nenos e pais. Este claustro ten tamén dous pisos, con arcos semicirculares e é utilizado na actualidade como patio do colexio, polo que foi cuberto cunha cristalera. Ao seu piso superior puiden acceder a través dunha gran escaleira de pedra onde destaca a súa balaustrada e a súa bóveda superior.
Desandando os pasos dados saín do monasterio, xa de noite, e dirixinme cara ao coche para coller camino a casa. Un regreso que coincidía cos últimas horas dun ano que empezaba a despedirse.
CLAUSTRO DA PORTERÍA OU HOSPEDERÍA
CLAUSTRO PROCESIONAL REGLAR