Esta novela do escritor inglés Julian Barnes conta a historia de Dmitri Shostakovich e Stalin sendo “un exemplo particularmente desolador das relacións entre a arte e o poder. Un dos máis grandes compositores do século XX adaptou a súa arte á estética oficial, abxurou de amigos e mestres e prostrouse ante o ditador para sobrevivir nun período ao que os seus coñecidos caían como moscas. El salvou o pelello e, xa morto Stalin, acabou consagrado como un dos grandes creadores soviéticos, ou polo camiño deixou unha parte da súa alma, da súa dignidade e da súa ambición artística”

É unha novela que conmove pois che leva polos difíciles camiños polos que se moveu o xenial músico e compositor soviético. A obra cóntanos a súa loita por ser fiel ás súas ideas, á súa conciencia, á súa música e os medos, temores e presións dun réxime totalitario. A obra de Barnes vai relatando a súa vida, unha vida que acaba sendo complice co poder, que cede a unha contorna asfixiante pero que nos mostra, a pesar de todo, “a forza, as limitacións e a capacidade de resistencia da arte”

Nun dos parágrafos o escritor sinala que “todo o mundo sempre quixera del (Shostakovich) máis do que podía dar. Pero o único que el sempre quixera darlles era música"

Unha sombria pero unha moi boa novela que che expón preguntas que non sempre ten respostas fáciles.

Un consello: lease o libro escoitando a súa Sinfonía nº 7 en do maior


Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.