A lenda conta que outrora os mariñeiros guiábanse pola gran nube de vapor que xeraba a caída de auga do Xallas no seu choque co mar.
Esta e outras lendas ven reforzadas, aínda máis, polo feito de atoparse na Costa da Morte, espazo lendario onde os haxa. E ademais, ás súas costas atópase o monte Pindo, o monte Olimpo da cultura celta, e non moi lonxe o Monte Louro. É dicir, que se atopa perfectamente enmarcado nunha terra de lenda e de maxia.
Dita fervenza está no municipio coruñés de Dumbría, entre dous lugares tamén espectaculares como son cabo de Fisterra e a praia de Carnota, no municipio de Muros, a máis grande de Galicia.
Para outro día deixei, pola cantidade de turista e coches que había, a visita ao Miradoiro do Ezaro e así poder gozar das súas vistas.