Aproveitando que regresaba de Vigo, aproveitando que tiña tempo e aproveitando que pasaba pola localidade ourensá de Melón animeime a determe e visitar o mosteiro de Santa María de Melón. Este pequeno municipio de Melón situado a beiras da antiga estrada nacional que comunicaba Vigo e Ourense "garda" o Mosteiro de Santa Maria de Melón o cal se atopa na parte baixa do pobo, rodeado dunha contorna natural dunha tremenda beleza, nunha paisaxe situada a beiras do rio Miño. Antes de continuar escribindo sobre o Mosteiro de Santa María de Melón é mencionar que estamos #ante unha das xoias do románico monástico ourensán e galego menos coñecida e por tanto, que mais sorprende aos visitantes






O Mosteiro de Santa María de Melón foi fundado no ano 1.142 polos monxes do cister procedentes de Clairvaux (Claraval, Francia) comandados polo Abad Giraldo. Nun principio, estes monxes rexeitaron vivir de rendas e basearon a súa economía na explotación das súas terras, para o que os relixiosos buscarán a axuda dunha serie de relixiosos chamados "conversos", que permitían explotar unha gran cantidade de terras afastadas xeograficamente.

A finais do S. XII e comezos do S.XIII os monxes empezan a converterse en "Señores" e a explotación indirecta vai gañando protagonismo. O seu patrimonio foi aumentando paulatinamente pola compra de terreos, por donativos ou pola cesión dalgúns nobres a fin de conservar o seu status. Outras veces forzaban aos aforados a outros mesteres tales como rendas en polbo, transporte de sardiñas, ou a Renda exclusiva de Melón que consistía na obrigación de cruzar o abade e acompañantes dunha beira á outra da Ria de Vigo en San Pedro Domaio.

Ata o século XIV as granxas e celeros foron os centros administrativos das propiedades monásticas.

A partir do século XIV endurécense as rendas e os recoñecementos de señoríos, así como a obrigación de alimentar aos representantes do mosteiro nos seus desprazamentos. Tamén se esixía a consideración de vasalaxe e obediencia cando os señores visitasen a comarca e o pago da "Loytosa" ou dereito de transmisión (para poder herdar os bens dos antepasados). Tamén existía unha penalización de 200 maravedíes a quen incumprise os contratos. Estas medidas pretendían evitar o abandono do campo cara aos núcleos urbanos.

No século XV entre as súas posesións destacan as situadas nos vales, nos que é de capital importancia o cultivo da vide. Entre os produtos obtidos destacan o peixe nas ribeiras do mar e nos pés da conca do Miño, o gando nas terras altas de montaña, e os cereais e viño nos vales de Louro, Tea, e Avia.

A principal causa da ruína do mosteiro hai que buscala na desamortización eclesiástica do século XIX, co fin da presenza dos monxes, provocando así a ruína dos seus claustros e igrexa. Despois da enclaustración gran parte da pedra foi vendida, ao prezo de 1 peseta por carro cargado, para a construción do templo da Cañiza.


















Foron pasando os anos nos que aos poucos o Mosteiro foise deteriorando, ata que xa no ano 1.999 foi adquirido pola Deputación provincial a un particular para posteriormente cedelo ao Concello de Melón, quen comezou unha completa restauración que foi levando a cabo nestes primeiros meses do ano 2.012. Dita recuperacion foi levada a cabo pola Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Fomento e o Ministerio de Cultura con cargo aos Plans e Programas para a conservación do Patrimonio Arquitectonico e Historico “1% Cultural”

Actualmente, e despois de diversas actuacións de recuperación, consérvanse algunhas dependencias do claustro e accesos a diversas zonas nas que podemos ver diferentes salas que antigamente facían servizo como despensas, almacéns, celas e demais estancias para o uso dos relixiosos que alí moraron. Tambien fixéronse algunhas plataformas e accesos novos ás zonas superiores .













Destaca, en todo este conxunto monumental, de especial maneira a igrexa do mosteiro de Melón, que debio ser unha replica a menor escala da de Oseira e declarado Monumento Histórico Artístico Nacional, concibiuse con planta de cruz latina, con tres naves de sete tramos (desaparecidas case totalmente a finais do século XIX) no corpo lonxitudinal, cruceiro marcado, cunha capela semicircular no costado oriental de cada un dos seus brazos, e cabeceira composta por unha capela maior rodeada de girola á que se abren tres ábsidas semicirculares (o central modificado no século XVIII) separados por tramos con vans. Este modelo de cabeceira, non coñecido na Orde do Cister fóra de Galicia, remite ao esquema presente na catedral de Santiago. As capelas do cruceiro explicitan a recepción de formulacións de orixe borgoñón.

A finais do século XIX desapareceu case por completo o corpo a igrexa e pechouse cun muro historicista o que, aos nosos ollos, convértea nunha igrexa-cabeceira, xa que o enorme tamaño desta contrasta coa case nulidade das naves. Outra reforma importante que sufriu a igrexa do Mosteiro de Santa María de Melón é a modificación, no século XVIII, da capela radial central.

Hai que destacar tamén, o impresionante e precioso cemiterio que se atopa aos pés de la Iglesia, no que podemos atopar á parte de antigas tumbas e nichos cargados de historia, algúns elementos como esculturas funerarias, cruceiros centenarios e algunhas salas mortuorias que realmente impresionan.

Por ultimo aconsellar a visita a este lugar pois é dunha beleza sobrecogedora tanto pola beleza do propio mosteiro, da igrexa, do cemiterio como pola contorna natural no que esta situado

PD: E coincidencias da vida, hoxe publícase na prensa que o Mosteiro de Melón será rehabilitado para hospedería e terá dez habitacións e un salón para eventos con financiamento do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia







































Leave a Reply

oscuroabismo. Con la tecnología de Blogger.