Como noutras moitísimas veces, saín sen rumbo nin ningún tipo de destino. Deixeime levar e, nesta ocasión, acabei na Chaira, un lugar do municipio de Pantón, na provincia de Lugo, en plena Ribeira Sacra
Este é un lugar que Iberdrola construíu entre os anos 1945 e 1956. Alí a empresa levantou doce edificios de diferentes tamaños e até unha igrexa: un conxunto de vivendas e oficinas deseñado para ser ocupado polo persoal máis cualificado que traballou na construción da presa de Santo Estevo De Ribas de Sil
Acabei alí, pois, cando circulaba pola estrada que vai pola beira esquerda do río Sol e que tomara nos Peares. Vin no alto, maxestuosa e máxica, a silueta da capela. A curiosidade levoume primeiro a consultar o móbil e, despois, a dirixir o meu errático deambular cara a ese lugar.
Trátase do poboado da Chaira, un complexo abandonado hai máis de 30 anos, que se mantén en pé pero nun estado de conservación lamentable. Iberdrola tapiou anos atrás a entrada aos inmobles e posteriormente instalou un valo perimetral para impedir o acceso ao recinto, pero iso non impide poder acceder ao seu interior para ver o que alí hai ou, como fan outros, esnaquizar muros, portas, varandas ou o que se tercie.
Xa dentro, tiven a sorte de atoparme cunha parella cunha nena, á que acompañaba un home que me informou do que era aquilo, da súa orixe, etc. Ademais, indicoume outros lugares de interese: miradoiros, poboacións e os mellores momentos para gozar daqueles lugares. Unha sorte.
Regresei despois de pasear entre as casas e gozar das vistas. Unha tarde afortunada a deste sábado polas terras de Pantón.
 |
| Peares: Inicio da ruta |
 |
| Estrada que discurre pola beira esquerda do Rio Sil |
 |
| Río Sil |
 |
| Río Sil |
 |
| Capela de A Chaira vista desde a beira esquerda do Sil |
 |
| A Barca |
 |
| Ponte de A Barca |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
Poblado de A Chaira
|
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Capela de A Chaira |
 |
| Campanario da Capela de A Chaira |
 |
| Capela de A Chaira |
 |
| Capela de A Chaira |
 |
| Interior da Capela de A Chaira |
 |
| Interior da Capela de A Chaira |
 |
| Interior da Capela de A Chaira |
 |
| Interior da Capela de A Chaira |
 |
| Lateral leste da Capela de A Chaira |
 |
| Lateral leste da Capela de A Chaira |
 |
| Ventanal no lateral leste da Capela de A Chaira |
 |
| Parte traseira da Capela de A Chaira |
 |
| Vistas dos montes da orilla esquerda do Rio Sil desde A Chaira |
 |
| Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Grafitti nunna das casas de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Pombais |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Poblado de A Chaira |
 |
| Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira |
 |
| Vistas dos montes da beira esquerda do Rio Sil desde A Chaira |
 |
| Vista da capela cando abandonamos A Chaira |
 |
| Vista da capela cando abandonamos A Chaira |